Un formulario online permitirá presentar proxectos e optar a fondos europeos

Está pensado para que as pequenas e medianas empresas do sector primario e agroalimentario galego e outros interesados no eido presenten iniciativas que sexan susceptibles de acollerse ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, deseñado polo Goberno central para optar a fondos europeos e facer fronte aos efectos da covid-19. Así, a Xunta anima a todos aqueles interesados a que presenten proxectos para optar aos fondos europeos, especialmente aqueles que queren aumentar a súa base territorial.

Así, os agricultores, gandeiros e silvicultores galegos interesados poderán realizar esta tramitación cubrindo un sinxelo formulario on line, dispoñible na web da Consellería do Medio Rural pinchando no seguinte enlace. Trátase dunha presentación simplificada, que tan só require cubrir dita solicitude como apoio á documentación que se xunte para aspirar aos referidos fondos. Esta é unha iniciativa pioneira que a Administración autonómica pon en marcha co fin de axilizar e facilitar toda a tramitación.

A finalidade deste Plan é a reactivación económica a curto e medio prazo e a transición cara a unha economía sostible e resistente a longo prazo. Nesa liña, e no marco desta iniciativa, a Xunta presentou ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e ao de Industria, Comercio e Turismo o «Polo para a transformación de Galicia», como un proxecto transformador que promoverá o desenvolvemento de catro proxectos tractores e catro proxectos transversais, cos que afrontar os catro grandes retos (Transición Ecolóxica, Transición Xusta, Transición Dixital e Loita contra o despoboamento e o reto demográfico).

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha