Un forte sismo sacode o norte da Coruña e de Lugo

O sismo produciuse arredor das seis e media da mañá deste venres na localización 44.3364,-7.9449, a 70 quilómetros do cabo Ortegal, e notouse na Coruña, en Ferrol, na Mariña e mesmo na cidade de Lugo. 

O terremoto, de magnitude 4.4, foi na costa cantábrica galega e a unha profundidade de dez quilómetros, segundo o cálculo provisional do Instituto Xeográfico Nacional de España. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha