Un frouxo Calvo Basket Xiria tropeza en Chantada (78-53)

1 minutes read

O partido empezou igualado os primeiros catro minutos, pero o primeiro parcial xa foi de 9-2 a favor do Ucoga Seguros CB Chantada co xogador local Pernas como destacado. Aínda que Manuel Rey tentou botarse o equipo do Xiria ás súas costas, non foi suficiente para sacar nada positivo e no descanso xa perdía de 13 puntos. Ao final os carballeses andaron perdidos nos dous últimos cuartos, tan só lograron 53 puntos e suman así unha nova derrota cuns parciais que o din todo, 14-8, 17,10, 25,19, e 22-16. Toca seguir traballando e tentar saír desta mala serie de consecutivas derrotas.