- Un home lanzouse á auga na súa procura e conseguiu rescatalo sen que sufrise danos
Un Garda Civil fóra de servizo lanzouse á agua na praia de Caión, en A Laracha, para rescatar a un menor que estaba sendo arrastrado pola corrente e tiña dificultades para volver á beira. A vítima non sufriu danos.
O suceso produciuse sobre as 17:00 horas deste martes e foi un particular quen chamou ao 112 Galicia, que de inmediato alertou a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia. Tamén foron informados os axentes da Policía Local, así como os voluntarios de Protección Civil da localidade.