Un gol de Alexandre dálle a vitoria ao Sofán ante o Viveiro

1 minutes read

Importante vitoria, a segunda consecutiva, a conseguida este domingo pola SD Sofán en O Carral ante un rival directo en obxectivos, o Viveiro FC. Xogábase a xornada 21 de Terceira RFEF (grupo 1) ante uns 140 espectadores. O conxunto visitante plantou cara en todo momento e non lle puxo as cousas fáciles á SD. O Sofán tentábao unha e outra vez con boas prolongacións polas bandas e no minuto 58 obtiña o premio en forma de gol nas botas de Alexandre, que estivo agudo ante un infortunio do porteiro local Manu Cedrón, 1-0. Custoulle á SD aguantar a presión do Viveiro ata o asubío final, pero fíxoo, e sumou tres puntos de gloria para ir despexando o camiño que iniciou a pasada xornada cara ás súas pretensións.