O Bergantiños sumou tres puntos ao seu marcador particular tras gañar 0-1 contra o Navalcarnero este domingo no Municipal Mariano Gonzalez, unha vitoria «importantísima ante un dos equipos que mellor xoga ao fútbol desta categoría», tal e como declarou o míster, José Luis Lemos, ao final do encontro. Fíxoo grazas a un solitario tanto de Blas no minuto 33. Os de Lemos tiveron unha clarísima ocasión para aumentar a súa vantaxe, pero Cristian, coa porta baleira, enviou a pelota fóra nunha contra levada por Escobar. Con esta vitoria o conxunto carballés queda provisionalmente situado na cuarta posición da xeral con 48 puntos, dous de vantaxe para entrar na promoción de ascenso. A próxima xornada disputará o seu partido fronte ao Real Avilés, equipo que se atopa a cinco puntos en oitavo posto. O técnico carballés deu entrada a Charly, Boedo e Martín Lamelas en substitución de Marcos Remeseiro, Iago e Antón Escobar. Ademais quixo destacar que están onde están «con moito traballo e cun equipo que se parte a alma».
47