Un gol no derradeiro segundo dá a vitoria ao Luceros sobre o Grupo Lemaco A

1 minutes read

Grupo Lemaco Xiria A 19 –  Balonmán Luceros 30 (17-18)

Na derradeira acción do encontro o Luceros conseguía a vitoria ante un Grupo Lemaco que perde ante un rival directo na clasificación.

Empezou o partido cun Luceros enchufado ante un Xiria que se viu sorprendido ao non atopar consistencia no seu xogo nos primeiros minutos, foise recompoñendo e igualou o encontro tras axustar en defensa e conseguir por onde facer dano ao rival.

Na segunda metade ambos equipos apremaron sobre os xogadores importantes, sucedéronse as perdas de balón e sobre todo os erros no lanzamento a portería, o Grupo Lemaco máis desacertado, desperdiciou varios momentos de encontro para consolidar a vantaxe e acabou pagando na derradeira xogada cun gol sobre a bocana que outorgaba os puntos en xogo aos de Cangas.