Un grupo de candorcas cruzará a costa galega esta semana

Un grupo de candorcas atravesará Galicia desde as Rías Baixas cara ao norte nos próximos días. » O último avistamento foi en Aveiro, calculamos pola velocidade e movementos que o grupo chegará esta semana a Galicia», explica Olga Mosca, bióloga do Instituto BDRI do Grove. No caso de encontro, o consello é cambiar a vela polo motor e evitar ter tripulantes nas bandas. En vez de deter a embarcación, desde o Ministerio de Transporte e o Instituto Bottlenose do Grove aconsellan non parar e navegar cara a augas menos profundas. Os avistamentos recollidos na aplicación móbil Orcinus e outras variables oceanográficas permiten seguir o avance destes cetáceos e reducir riscos. Por iso, animan a que os navegantes consulten esta ferramenta, que xa conta con 2.700 usuarios de 40 países.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha