Un grupo de maiores de Vimianzo goza dunha viaxe ao Algarve

O Concello de Vimianzo promoveu para esta primeira semana de outubro unha viaxe ao Algarve destinada á terceira idade, para a veciñanza maior de 55 anos. Trátase da segunda viaxe da tempada tras a realizada a Sanxenxo o pasado mes de maio. Na mañá deste xoves visitaron Alté e Loulé. A fundación da cidade é incerta, pero existen restos concretos de ocupación romana, dos que o centro de pesca e salazón de peixe do Cerro da Vila, en Vilamoura, é o mellor exemplo. Tras coñecer a fondo estos dous lugares durante todo o día, este venres e o sábado estarán no Algarve. O domingo regresan a Vimianzo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha