Un home acoitela a súa suposta parella en Santiago

Pasaba das seis da madrugada deste xoves cando a Policía Local de Santiago recibía a alerta. Unha muller estaba a pedir auxilio na rúa dos Concheiros despois de ser agredida e acoitelada no seu domicilio. Foron os servizos de limpeza e o dono dun bar da zona os que a viron pedindo axuda despois de fuxir ferida da casa. Ata a zona desprazáronse axentes de policía e efectivos de urxencias sanitarias que constataron que estaba ferida grave despois de recibir unha puñalada polas costas. O presunto agresor é a súa parella, que foi detido pola Policía Nacional nun caso que se está a investigar como violencia machista. Axentes da Policía Xudicial e Científica fixeron a inspección ocular na zona, mentres que as dilixencias foron trasladadas á Unidade da Familia e Muller da comisaría de Santiago. A vítima permanece ingresada no Hospital Clínico con prognóstico reservado

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha