Un home aparece morto nunha beirarrúa en Carballo

Zona acordoada onde apareceu o home morto na beirarrúa_JMC.

Un home de 85 anos de idade -B.R.C.- apareceu morto pasadas as oito da mañá deste martes na beirarrúa da praza existente entre as rúas Ramón Cabanillas e Eduardo Pondal. Segundo fontes próximas o home vivía só nun cuarto piso do edificio onde apareceu. As forzas de seguridade contactaron cos seus familiares máis próximos e tratan de pescudar as causas do fatal desenlace, se sufriu unha indisposición, se se puido precipitar accidentalmente desde unha xanela ao tratar de limpala, ou se puido tratarse dun suicidio. En todo caso, a autopsia determinará as causas exactas da súa morte.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha