Un home atraca un supermercado en Pontedeume armado cunha escopeta de caza

0 minutes read
Garda Civil

Un home armado cunha escopeta perpetrou este luns un atraco nun supermercado do municipio coruñés de Pontedeume. Segundo informaron fontes coñecedoras do ocorrido, o suceso tivo lugar ao redor de las 14:10 horas, cando o individuo accedeu ao supermercado DIA cunha escopeta de caza.

Non houbo que lamentar feridos. O ladrón subtraeu uns 200 euros e fuxiu. Posteriormente, foi localizado e detido por parte dun equipo da Policía Xudicial da Garda Civil no barrio coruñes da Sardiñeira.

As pescudas apuntan a que actuaría só, pero as investigacións continúan abertas.