Un home de 31 anos falece atropelado na A-6 cando axudaba a unha furgoneta avariada

Imaxe dunha ambulancia 061

Un home de 31 anos de idade, veciño de Baralla, na provincia de Lugo, faleceu este xoves pola noite tras ser atropelado por un camión mentres rescataba unha furgoneta avariada na autovía A-6, ao seu paso polo termo municipal do Corgo.

Segundo informaron fontes da Garda Civil de Lugo, o aviso recibiuse sobre as 21.40 horas, á altura do punto quilométrico 475,500 da autovía A-6.

O home era condutor dun camión porta-vehículos e morreu atropelado por un camión articulado mentres rescataba a unha furgoneta avariada.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha