Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos servizos de emerxencia mobilizados, o home circulaba por un camiño cando bateu contra unha obra de paso, o que desequilibrou o vehículo e provocou que envorcase no predio.
Os feitos sucederon no lugar de Acuña, o 112 Galicia recibiu a alerta do accidente a través dunha persoa particular.
Axiña, se solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Morrazo, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Soutomaior e dos axentes da Garda Civil. Ademais, tamén acudiron os Bombeiros de Pontevedra e foi informado o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), para axudar aos achegados do falecido.
Os Bombeiros e os voluntarios de Protección Civil interviñeron para liberar o corpo sen vida do home accidentado. Pola súa banda, os efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 só puideron confirmar o falecemento do varón.