Un home de 55 anos faleceu este domingo en Cospeito por un ataque de velutinas

O home de 55 anos chegou a telefonear a un irmán seu para que lle achegase unha medicación que frease os efectos, pero xa non deu tempo. Eran sobre as tres da tarde e faleceu na parroquia de Xustás ao sufrir unha reacción alérxica tras a picada das vespas mentres andaba á caza da perdiz. Ao lugar desprazóuse unha ambulancia. O persoal sanitario tentou reanimalo durante unha hora pero non puido facer nada por salvarlle a vida.

Ante un ataque deste tipo, débese aplicar calor á zona afectada para tentar neutralizar o veleno, tal e como se fai coas picaduras doutras avespas. – En caso de ter afectadas outras partes do corpo diferentes onde se recibiu a picadura e temos malestar, debemos chamar ao 112 o antes posible ou acudir a un centro médico.

Related posts

O PSOE de Muxía denunciará algunhas decisións do Goberno local ante a Valedora do Pobo

O Concello da Laracha impulsa unha nova campaña de apoio ao comercio local

Pedro Sánchez considera «indecente» que Feijóo e Abascal sigan sostendo a Mazón