Un home de 55 anos morre atropelado no polígono do Tambre, en Santiago

Cedida.

O sinistro ocorreu nun paso de peóns arredor das cinco e media da tarde deste xoves á altura do número 19 da Vía Edison. Ata o lugar acudiron os bombeiros de Santiago, efectivos de Protección Civil e da Policía Local. A vítima non puido ser reanimada, o persoal sanitario desprazado á zona só puido certificar o falecemento. A policía permaneceu na zona durante máis de dúas horas para investigar as circunstancias do accidente e asegurar o lugar donde se producía o mesmo.

Related posts

O Plan Único acumula 150,6 millóns de euros e 764 obras na Costa da Morte desde a súa creación

A Xunta e o Concello de Fisterra analizan vías de colaboración para o desenvolvemento turístico

O Concello da Laracha convoca a unha reunión aos titulares das parcelas afectadas pola ampliación do polígono