21
Un home duns 70 anos faleceu este venres ao caer mentres podaba unha árbore no lugar de Grandamil do concello coruñés do Pino. O accidente ocorreu arredor das catro da tarde. O home estaba subido nunha escaleira e cunha motoserra intentaba cortar unha póla. Por causas que se descoñecen, desequilibrouse e caeu da escaleira. A súa familia atopou o corpo sen vida. Os equipos de emerxencia que se trasladaron ao lugar só puideron certificar a súa morte.