O accidente ocorreu moi preto do domicilio familiar, na LU-864, ao redor do punto quilométrico 13, en Candamil, na localidade lucense de Xermade. Testemuñas do sinistro aseguraron que a vítima puido cruzar a estrada sen mirar e non viu chegar o camión que non puido facer nada por evitalo.
Nada mais recibir a chamada dun alertante, quen solicitaba axuda urxente para un home que fora atropelado, o 112 Galicia pasou aviso decontado ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Vilalba e aos efectivos de Protección Civil da localidade.
Sen embargo, desafortunadamente, os servizos de emerxencias xa no lugar, só puideron confirmar o seu falecemento. Ademais, foi precisa tamén a intervención dos profesionais sanitarios para atender á dona da vítima, ao sufrir unha crise de ansiedade.
Deste xeito, os xestores do 112 tamén puxeron os feitos en coñecemento do persoal do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias, por se nalgún momento fose precisa a súa intervención para dar apoio aos familiares do finado.
