47
Curioso caso o que nos deixa a pouco a pouco ampliada campaña de vacinación en Galicia. Este xoves puidemos coñecer o caso de Javier, un home de 54 anos natural de Ponferrada.
Segundo asegura o afectado, o Sergas notificoulle por SMS unha cita para vacinarse no recinto coruñés de Expocoruña, aviso ao que fixo caso omiso ao pensar dende un primeiro momento que se trataba dun erro. Con todos os datos (nome, apelidos e número de telefono correctos), Javier non pensou en ningún momento en desprazarse á Coruña para ser vacinado. O berciano asegurou que o único vencellamento con Galicia foi residir durante a súa infancia, hai máis de corenta anos, na nosa terra.