Un home resultou ferido de consideración este luns en Laza despois de caerlle unha árbore encima mentres cortaba madeira nunha zona de monte no lugar de Correchouso.
Debido á gravidade das feridas, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou un helicóptero medicalizado ata a zona onde ocorreron os feitos e, finalmente, o home foi evacuado na aeronave ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
O accidente tivo lugar arredor das 14:30 horas da tarde e foi unha persoa particular quen alertou do sucedido ao 112 Galicia. Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron ademais a situación en coñecemento dos efectivos do GES de Laza e dos axentes da Garda Civil, que colaboraron no traslado do home ao helicóptero.