35
Un home duns 70 anos de idade faleceu a última hora da mañá deste sábado no Centro de Saúde de Carballo. O home acudiu, segundo fontes próximas, afectado dunha doenza con posible insuficiencia respiratoria, aínda que foi atendido con celeridade, os facultativos alí presentes nada puideron facer para salvarlle a vida. Ao lugar tamén acudiron Garda Civil e Policía Local de Carballo.