O 112 Galicia tivo constancia dos feitos tras recibir diversas chamadas de alertas de persoas particulares que se atopaban no areal.
Solicitábase así axuda para un varón, que foi sacado da auga á altura do establecemento de comidas e bebidas da Praia da Magdalena, no concello coruñés de Cabanas. Segundo a información facilitada aos xestores do 112, lle estaban practicando as manobras de reanimación.
De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitouse a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos efectivos de Gardacostas de Galicia e Salvamento Marítimo e tamén dos axentes da Garda Civil.
Con todo, malia os esforzos do persoal sanitario, nada se puido facer por salvarlle a vida.