Un home falece en Cualedro tras caer a unha lareira acesa

1 minutes read

Na tarde deste venres faleceu un home en Cualedro tras caer nunha lareira acesa e investíganse as circunstancias do suceso, pero de momento, descoñécese que puido ocasionar a caída do home. Tras recibir a chamada de alerta no 112 Galicia a través do equipo de Urxencias Sanitarias-061, solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil, co fin de recoller toda a información posible sobre o ocorrido.

Segundo explicou a alertadora, a súa coidadora, a última vez que o viu con vida estaba preto da lareira e, pasado un tempo, estaba sobre o lume apagado. Así, desde o 112 Galicia, ademais das forzas de seguridade e os profesionais sanitarios, pediuse a colaboración dos Bombeiros de Verín, quen decidiron ir ata o lugar, malia que ningún incendio afectaba á vivenda, un domicilio situado no lugar da Saceda.