40
Un familiar do implicado, que o acompañaba no monte de Figueroa (Dumbría), indicou ao 112 Galicia que ao seu irmán, de 78 anos, parecía terlle picado algún insecto e que instantes despois perdera o coñecemento.
Nada máis recibir o aviso, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a participación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos axentes da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil de Dumbría.
Ao mesmo tempo, desde Urxencias Sanitarias de Galicia-061 comunicaban que estaban a mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago. O persoal sanitario só puido confirmar o falecemento do home, que máis tarde se demostrou que sufrira un ataque de dúas vespas velutinas.