Un home falece en Miño ao caer da moto coa que circulaba

Accidente de moto_Arquivo.

Un home perdeu a vida ao mediodía deste martes en Miño ao sufrir unha caída coa moto que conducía. Os feitos sucederon na DP-4802, ao seu paso polo lugar de Buíña, na parroquia de Vilanova. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente a través dunha persoa particular. Axiña, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia púxose a situación en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Miño, dos Bombeiros de Betanzos e dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, a pesar dos esforzos realizados, nada puideron facer por salvarlle a vida ao motorista.