Un home falece en Sanxenxo tras caerlle enriba o coche que reparaba

1 minutes read

Unha persoa particular informaba ao 112 do suceso na tarde deste xoves. Indicaba que o varón quedara baixo o coche pero que os particulares que se atopaban no punto conseguiran liberalo. Aseguraba que estaba moi grave.

Os xestores do 112, con estes datos, pasaron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Salnés, aos membros do GES de Sanxenxo e aos axentes da Garda Civil e da Policía Local.

Xa chegados ao lugar, os axentes da Policía Local confirmaron ao 112 Galicia que se tratou dun home que se atopaba reparando o seu coche e que lle caera enriba. Debido á gravidade do accidente, os servizos sanitarios tamén desprazaron ao lugar o helicóptero medicalizado con base en Santiago que, finalmente, tivo que ser anulado tras confirmarse o falecemento da persoa.

Desde o 112 Galicia tamén se informou ao persoal do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), para prestar apoio ao menor (fillo da vítima) que presenciou o accidente.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?