Un home falece en Silleda tras caerlle unha árbore enriba

0 minutes read

Segundo informou o 112 Emerxencias Galicia, un home perdeu a vida en Silleda mentres traballaba nun terreo da súa propiedade. O sinistro ocorreu na parroquia de Moalde, no lugar de Casamaría. Por razóns que se descoñecen, unha árbore caeulle enriba. Ao lugar acudiron os bombeiros do Deza, urxencias sanitarias, axentes da Garda Civil e da Policía Local, pero os equipos sanitarios xa non puideron facer nada pola súa vida.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?