Un home falece en Vimianzo tras saírse da vía posiblemente a causa dunha indisposición


Ao fío das 23:15 horas deste pasado domingo, os servizos sanitarios contactaban co 112 Galicia para informar dunha saída de vía cun varón inconsciente, na AC-441, no lugar de Baíñas, en Vimianzo. Así, con estes datos, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos axentes de Tráfico, dos Bombeiros de Cee e dos efectivos de Protección Civil da localidade. Nada máis chegar ao lugar, os profesionais sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento do condutor e único ocupante do turismo, un veciño da parroquia vimiancesa de Calo, de 71 anos.