O varón precipitouse desde a fiestra dunha vivenda ao patio interior do edificio situada na Avenida de Finisterre, na cidade herculina. Foi preciso romper unha porta para acceder e rescatar o corpo do varón.
Persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 solicitaba axuda ao 112 Galicia para rescatar a unha persoa que se precipitara ao patio interior dun edificio.
De inmediato, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros da Coruña, da Policía Nacional, Local e dos efectivos de Protección Civil.
Tras acceder ao patio, os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento da persoa.
Desde o 112 Galicia tamén se solicitou a intervención dun equipo de psicólogos do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), para prestar apoio á familia do falecido.