Un home falece tras ser sacado da auga inconsciente nunha praia de Barreiros

1 minutes read

Uns surfistas, tras decatarse da situación, sacaron da auga ao varón ao que os servizos sanitarios, unha vez na area, trataron de reanimar sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida na praia, entre a da Gaivota e a de Coto.

Desde o 112 Galicia nada mais recibir a chamada dos alertadores, pasou aviso decontado ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Do mesmo xeito informouse a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Garda Costas de Galicia e á Garda Civil. 

Ata o lugar tamén acudiron os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade, que, tras chegar ao punto comunicaron ao 112 que o home estaba falecido.  Segundo indicaron, unha indisposición puido ser a causa do falecemento. 

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?