O suceso tivo lugar na parroquia canguesa de Aldán onde o home realizaba traballos dentro da súa propiedade coa máquina.
Próximo ás doce do mediodía deste venres, os xestores do 112 Galicia recibiron a chamada de alerta dun familiar do varón que solicitaba asistencia médica urxente para o ferido. Así, de inmediato, desde o 112 solicitouse a intervención do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, pese aos esforzos, nada puido facer por salvarlle a vida.
Co fin de aclarar as circunstancias do suceso, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos axentes da Garda Civil e Policía Local. Ademais, pasouse aviso aos Bombeiros do Morrazo e aos membros de Protección Civil da localidade.
