Un home falece tras sufrir unha indisposición mentres conducía en Santiago

1 minutes read

Malia os esforzos, o persoal sanitario nada puido facer por salvar a vida do implicado, que circulaba polo quilómetro 8 da SC-20, ao seu paso por Conxo.

O primeiro aviso chegou ao 112 Galicia a través dun particular. Na chamada, este informaba dunha leve colisión por alcance. Un dos condutores implicados permanecía inconsciente no interior do seu vehículo.

Desde o 112 Galicia solicitouse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros e da Policía Local de Santiago, así coma dos servizos de mantemento da estrada.

Unha vez no lugar, os servizos sanitarios confirmaron que a persoa sufrira unha indisposición mentres conducía e perdera a consciencia. Tras intentar reanimala durante un longo período de tempo, finalmente confirmaron o seu falecemento.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?