Un home faleceu este xoves ao envorcar o tractor que manexaba nunha leira do lugar de Pielas, no municipio coruñés de San Sadurniño. O 112 recibiu aviso do sinistro arredor das seis e cuarto da tarde. Ao lugar acudiron os Bombeiros do Eume e a Garda Civil. O home quedara atrapado baixo o vehículo e tiveron que excarceralo. Os equipos sanitarios desprazados á zona xa non puideron facer nada por salvarlle a vida.