Un home faleceu ao envorcar o tractor que manexaba en San Sadurniño

Imaxe de arquivo dunha ambulancia do 061

Un home faleceu este xoves ao envorcar o tractor que manexaba nunha leira do lugar de Pielas, no municipio coruñés de San Sadurniño. O 112 recibiu aviso do sinistro arredor das seis e cuarto da tarde.  Ao lugar acudiron os Bombeiros do Eume e a Garda Civil. O home quedara atrapado baixo o vehículo e tiveron que excarceralo. Os equipos sanitarios desprazados á zona xa non puideron facer nada por salvarlle a vida.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha