Un home faleceu en Becerreá ao caer mentres arranxaba o tellado da casa

Imaxe de arquivo dunha ambulancia do 061

Unha posible caída ou ben unha indisposición puideron ser as causas do falecemento do varón, que procedía a reparar o tellado do inmoble situado no lugar de Sarceada, no Furco, no termo municipal de Becerreá.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia solicitaba axuda aos xestores de emerxencias para acceder a un home que, posiblemente, caera ao subir ao tellado para facer un traballo.

Con estes datos, desde o 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Sarria, que saíron decontado cara o lugar. De igual xeito, foron informados os axentes da Garda Civil e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Finalmente, os Bombeiros rescataron o corpo do home, sobre o cal se investigan as circunstancias do tráxico suceso.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha