Un home faleceu en Vimianzo mentras trataba de traballar cun tractor nunha leira da súa propiedade

Imagen de archivo de una ambulancia del 061

De momento, descoñécense as circunstancias do suceso, en primeira instancia os alertadores indicaron que a vítima caera co seu tractor cando traballaba nunha horta da súa propiedade, pero máis tarde desde emerxencias confirmaron que se tratou dun infarto de miocardio. En todo caso, o corpo do home foi trasladado ao Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) para serlle realizada a autopsia, que determinará as causas exactas da súa morte.

O 112 Galicia recibiu o aviso a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 cando pasaban uns minutos das cinco da tarde deste martes. Segundo explicaron os profesionais do servizo médico, estaban a mobilizar un equipo a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago por mor dun home que caera dun tractor. Despois de falar cos alertadores, os xestores do 112 informaron tamén aos axentes da Policía Local e da Garda Civil.

Sen embargo, ao pouco tempo, o equipo médico sinalou que o señor estaba falecido e faltaba coñecer as circunstancias deste suceso. Cómpre recordar que os feitos tiveron lugar nunha leira situada na Rúa da Torre, en Vimianzo.

Related posts

Cee e Vimianzo lideran as vendas do programa MercaNaVila en Bergantiños e Costa da Morte

A Deputación da Coruña presenta un orzamento de 256,5 millóns de euros

Comezan a impartirse os obradoiros de prevención das violencias machistas no IES da Laracha