0
Os servizos sanitarios nada puideron facer por salvar a súa vida, mentres que os Bombeiros interviñeron para liberar o corpo do implicado.
Foi un particular quen informou ao 112 Galicia de que acababa de atoparse cun coche accidentado nunha finca do lugar do Tuíño paralela á A-6, pertencente á parroquia de Vigo. Ademais, confirmaba que había un home no seu interior.
De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Betanzos e Arteixo, á Policía Local de Cambre e aos voluntarios de Protección Civil de Abegondo.
A continuación, os Bombeiros tiveron que facer uso do seu material de excarceración para liberar o corpo do falecido.