Un home faleceu tras sufrir unha caída por un desnivel nunha zona de campo en Nigrán

1 minutes read

Foi un veciño quen alertou o 112 Galicia minutos antes das 22:30 horas deste xoves tras atopar un home tirado nun campo situado no camiño da Maceira, en Camos. Segundo indicou na súa chamada, xa naquel momento sospeitaba que o implicado podería estar falecido.

O home atopábase tendido xunto ao seu tractor, pero en principio desbótase que o accidente estivese relacionado cun problema co vehículo; máis ben, apúntase a que puido ter unha indisposición previa que causase a caída no camiño con varios metros de desnivel. 

Ata o lugar desprazouse unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para atendelo, pero o home xa falecera e no mesmo lugar do suceso certificaron a morte.