Un home ferido e evacuado tras envorcar co seu quad en Rianxo

Ocorreu no lugar de Ourille. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente ás 0.30 horas da madrugada, a través da chamada dun particular: unha persoa sufriu un accidente co seu quad, quedando este envorcado. Segundo comunicaba o alertador, o implicado, de 49 anos de idade, permaneceu consciente en todo momento, aínda que necesitaba asistencia sanitaria urxente.

Rapidamente, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro, á Garda Civil de Tráfico, ao GES de Noia e á Policía Local e Protección Civil de Rianxo.

O persoal sanitario encargouse finalmente da súa evacuación ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha