Un home sufriu feridas de consideración nun brazo na tarde deste martes na Estrada cando estaba a manexar unha fresa no lugar de Ribeira.
O 112 Galicia recibiu a alerta dos feitos a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, debido á gravidade das feridas que presentaba o home, mobilizou ata unha zona próxima ao lugar do accidente un helicóptero medicalizado, no que foi evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.
Cómpre salientar que, para prestar apoio e colaborar co equipo médico desprazado na aeronave, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil, do Servizo Municipal de Protección Civil, do GES da Estrada e da Policía Local.