Un home que se atopaba traballando nun serradoiro no termo municipal coruñés de Rois tivo que ser evacuado no helicóptero medicalizado con base en Santiago ao recibir un golpe na zona abdominal. O suceso ocorreu uns minutos antes das 13:00 horas, no lugar do Antequeira.
Ata o serradoiro achegáronse tamén, tras ser alertados polo 112 Galicia, os axentes da Garda Civil, os voluntarios de Protección Civil de Rois e os efectivos do GES de Padrón, que apoiaron aos servizos sanitarios durante a toma do helicóptero medicalizado.
Un menor ferido ao ser atropelado en Ferrol
Un neno resultou ferido esta tarde en Ferrol ao ser atropelado en fronte do Arsenal Militar.
Os feitos sucederon ao redor das 18:15 horas, momento en que o 061-Urxencias Sanitarias contactaba co 112 Galicia para alertar do ocorrido.
Nada máis ter constancia, desde o CIAE 112 Galicia requiriuse a intervención da Policía Local e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ferrol.