Un home foi excarcerado despois de quedar envorcado o coche no que circulaba en Ames

1 minutes read

O vehículo caeu desde unha rotonda situada nun nivel superior, no punto quilométrico 8 da AG-56. Tras ser liberado polos Bombeiros de Boiro, o varón e único ocupante do vehículo foi atendido polos servizos sanitarios que, posteriormente, trasladárono ao centro hospitalario de referencia. Cómpre sinalar que o home estivo consciente en todo momento.

Varias persoas particulares contactaron co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia para dar conta do accidente, ao fío das 4:30 horas da pasada madrugada.

Nada máis recibir a alerta do sinistro, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Boiro, do GES de Brión, da Policía Local, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da autovía.