Un home foi excarcerado tras envorcar co seu coche en Coristanco

1 minutes read

Un home de mediana idade tivo que ser excarcerado polos servizos de urxencia tras sufrir un accidente co seu coche na tarde deste luns no lugar de Traba, en Coristanco. Circulaba pola DP-1912 cando se saíu da vía no punto quilométrico 1,6. Deu unha volta de campá e o turismo quedou apoiado na gabia sobre o teito.

No operativo coordinado polo 112 Emerxencias Galicia Interviñeron os bombeiros de Carballo e o GES de Ponteceso, que tiveron que cortar as portas e un marco do vehículo para acceder ao seu interior e rescatar con seguridade ao ferido empregando un taboleiro para a ocasión. Tamén se desprazaron ata o lugar Protección Civil de Coristanco, a Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia que evacuou do lugar o accidentado ao CHUAC cunha forte dor nas costas e nun brazo.