Un home foi trasladado en helicóptero logo de caer dunha árbore en Forcarei

Un home necesitou ser trasladado en helicóptero medicalizado logo de sufrir unha caída desde unha árbore, no concello pontevedrés de Forcarei.

O suceso ocorreu no monte de San Marcos, parroquia de Pardeosa, pasadas as dúas da tarde deste sábado. A esa hora, o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular que informaba da caída e solicitaba medios para achegarse ata a vítima. Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) déuselle aviso aos Bombeiros de Silleda, ao GES da Estrada, a Protección Civil do municipio, aos axentes da Garda Civil e ao persoal sanitario, que mobilizou á aeronave medicalizada de base en Santiago para facer o traslado do home.

Segundo os datos recollidos no 112, a dotación dos Bombeiros de Silleda colaborou no achegamento do ferido ata o helicóptero.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha