Un home foi trasladado en helicóptero tras caer dun galpón en Vilar de Barrio


Segundo a información recollida no 112 Galicia, o ferido, un varón que realizaba traballos no galpón dunha vivenda do lugar de Aldea Arriba, precipitouse desde unha zona elevada, o que lle fixo perder a consciencia. Así o relataba a persoa que contactou co 112 Galicia para pedir asistencia médica urxente. Decontado, pasouse aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que acudiron ao lugar do accidente a bordo helicóptero medicalizado con base en Ourense para trasladar o home ao centro hospitalario. Para prestar apoio e colaborar co equipo médico desprazado na aeronave, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos voluntarios de Protección Civil da localidade, así como dos membros da Garda Civil.