0
Eran as 16:20 horas deste mércores cando o 112 Galicia tivo constancia dos feitos, a través dun particular: un home envorcara co tractor que manexaba polo monte en Erviñou, Val do Dubra. Aínda que nun primeiro momento parecía que estaba atrapado baixo a máquina, conseguiu liberarse polos seus propios medios. O persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladouse ata o punto no helicóptero medicalizado con base en Santiago, no que foi trasladado. Tamén participaron os axentes da Garda Civil e os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Val do Dubra.