Unha muller de 34 anos morre atropelada no concello de Carral

1 minutes read

A persoa faleceu na pasada noiteboa tras ser alcanzada por un vehículo na estrada que enlaza os concellos de Carral e Cambre, na Coruña.

Aínda que ao principio os datos pasados por persoal de Emerxencias eran confusos sobre a identidade da persoa atropelada, se era un home ou unha muller, ao final transcendeu que a vítima foi unha muller de 34 anos.

Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia para pedir asistencia médica urxente, pero os servizos sanitarios nada puideron facer para salvarlle a vida.

A persoa camiñaba pola DP-1704, cando, á altura de San Vicente, un vehículo a atropelou. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que acudiron ao lugar do accidente só puideron confirmar o seu falecemento.

Neste operativo participaron tamén os axentes da Garda Civil de Tráfico. Ademais, desde o 112 pasouse aviso aos Bombeiros de Betanzos e de Arteixo, aos efectivos de Protección Civil da localidade e ao servizo de mantemento das estradas.