Un home morre en minutos pola picadura dunha avespa velutina

Avespa velutina_Fonte: EZSA

Un veciño de Santiago de Compostela afeccionado á apicultura morreu este domingo por picadura de avespa velutina cando se atopaba xunto a unhas colmeas da súa propiedade. A vítima de 54 anos, no momento do suceso estaba acompañado por un veciño que saíu ileso do contratempo. Ao parecer, Daniel García, que así se chamaba, morreu aos poucos minutos de sufrir, polo menos, unha picadura nunha cella. Ao lugar acudiron, membros do servizo de emerxencias do 061, que nada puideron facer por salvarlle a vida. O home desvaneceuse na súa vivenda, situada a escasos metros das colmeas. Persoas da contorna da vítima descoñecen se este sufría algún tipo de alerxia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha