27
Un home de 35 anos faleceu en Cidade Real despois de recibir un disparo tras entrar pola noite nunha vivenda. Foi o dono da casa de 77 anos quen lle disparou tras sorprendelo entrando no seu domicilio. O propiestario estaba deitado cando escoitou ruidos e se ergueu para saber cal era a causa. Tras descubrir ao intruso na escuridade, disparoulle cun arma de fogo, o que lle causou a morte no acto. El mesmo avisou á Policía Nacional, que o detivo e abriu unha investigación para esclarecer o ocorrido.