Un home morre tiroteado tras entrar pola noite nunha vivenda en Cidade Real


Un home de 35 anos faleceu en Cidade Real despois de recibir un disparo tras entrar pola noite nunha vivenda. Foi o dono da casa de 77 anos quen lle disparou tras sorprendelo entrando no seu domicilio. O propiestario estaba deitado cando escoitou ruidos e se ergueu para saber cal era a causa. Tras descubrir ao intruso na escuridade, disparoulle cun arma de fogo, o que lle causou a morte no acto. El mesmo avisou á Policía Nacional, que o detivo e abriu unha investigación para esclarecer o ocorrido.